Zara Home e Collagerie volven atoparse nunha nova colaboración que explora a cor e a expresión visual. O universo de Lucinda Chambers —directora creativa de Collagerie— enriquécese con liñas orgánicas, tons intensos e superficies pictóricas, que dan forma a pezas con carácter.
A nosa segunda colaboración con Zara Home nace dun “fío común”.
LUCINDA CHAMBERS
Creo que, na vida, as conexións —e os trazos invisibles que se debuxan— poden ser algo fascinante: xa for ao tecer ou coser, ao entrelazar pensamentos, ao bordar relatos ou simplemente ao abrírmonos camiño entre os fíos da vida... Son eses fíos os que nos conectan e nos unen, física e emocionalmente.
LUCINDA CHAMBERS
A cor. Eses tons que, ao combinarse con intención e sensibilidade, comezan a dialogar entre si. Ás veces, con murmurios; outras, en conversas entusiastas, íntimas ou buliciosas, pero sempre con vida.
LUCINDA CHAMBERS
Esta é unha colección vibrante, rica en texturas e chea de cor. Oxalá atopes nela tanta ledicia coma nós ao imaxinala e creala.
LUCINDA CHAMBERS
Unha oda ao verán e a unha sensibilidade compartida pola creación e a beleza.

SHOP THIS STORY

EDITORIAL

Zara Home