JOIN LIFE
TRABALLAMOS CON NOVOS PROCESOS E MATERIAS PRIMAS PARA REDUCIR O IMPACTO DOS NOSOS PRODUTOS.
01 O NOSO PRODUTO
EN INDITEX TRABALLAMOS PARA MELLORAR O IMPACTO DOS NOSOS PRODUTOS AO LONGO DE TODO O SEU CICLO DE VIDA. DENDE O DESEÑO ATA A TENDA, IMPULSAMOS A INNOVACIÓN, O USO RESPONSABLE DOS RECURSOS E A INCORPORACIÓN DE MATERIAIS CON MENOR PEGADA AMBIENTAL. AVANZAMOS CARA A UN MODELO MÁIS EFICIENTE E RESPECTUOSO COA CONTORNA, CON OBXECTIVOS CADA VEZ MÁIS ESIXENTES.
En definitiva, produtos seguros e fabricados en condicións sociais e ambientais adecuadas, postos á disposición dos nosos clientes por un equipo humano en continuo crecemento profesional que non esquece a súa responsabilidade coa comunidade.
02 PROVEDORES
Traballamos cun sistema de trazabilidade que ten como obxectivo identificar aos fabricantes que forman parte da nosa cadea de subministración. Contamos cun programa de cumprimento e realizamos constantes auditorías aos nosos provedores para asegurar que cumpren o noso código de conduta.
03 COIDADO DAS TÚAS PEZAS
HAI ALGUNHAS ACCIÓNS QUE PODEN AXUDAR A ESTENDER A VIDA DOS TEUS PRODUTOS E REDUCIR O IMPACTO DOS PROCESOS DE COIDADO DESTES.
AIREAR
01
Colgar a túa roupa ao aire libre para ventilala é unha opción máis sostible que lavala cada vez que se usa. O lavado desgasta os tecidos e, ademais, consome auga e enerxía.
ENCHER A LAVADORA
02
En cada lavado consómese auga e enerxía; se esperamos a que a lavadora estea chea reducimos o número de lavados e así axudamos a reducir o impacto medioambiental.
TEMPERATURA DE LAVADO
03
O lavado a baixa temperatura é máis delicado cos tecidos, alongando a súa vida, e consome menos enerxía, reducindo as emisións de CO2.
CENTRIFUGAR
04
Un programa de centrifugado suave reduce o peeling e o impacto ambiental, xa que diminúe a liberación de microfibras.
DÁ A VOLTA ÁS TÚAS PEZAS
05
Reducirás o desgaste do tecido axudando a manter as cores orixinais do produto.
TENDER
06
A secadora consome moita enerxía. Podes colgar os produtos para o seu secado, axudando así a coidar dos tecidos, reducindo as engurras e consumindo menos enerxía.
RECICLA
07
Unha vez que xa non utilices as túas pezas, non as tires, podes traelas ás nosas tendas e darlles unha nova vida.
PROGRAMA RECOLLIDA DE ROUPA
04 THE LAUNDRY BY ZARA HOME
O PRIMEIRO DETERXENTE DESEÑADO PARA REDUCIR O DESPRENDEMENTO DE MICROFIBRAS DE TÉXTILES.
05 INNOVACIÓN
O SUSTAINABILITY INNOVATION HUB É UNHA PLATAFORMA QUE APOIA NOVAS TECNOLOXÍAS, MATERIAIS E PROCESOS PARA LIMITAR OS IMPACTOS AMBIENTAIS DOS NOSOS PRODUTOS E AXÚDANNOS A AVANZAR CARA A SOLUCIÓNS MÁIS SOSTIBLES E CARA Á CIRCULARIDADE.
#INNOVATION #INNOVATION #INNOVATION #INNOVATION #INNOVATION
#INNOVATION #INNOVATION #INNOVATION #INNOVATION #INNOVATION
#INNOVATION #INNOVATION