Recoller as flores de sabugueiro necesarias para esta receita. Idealmente, deben recollerse pola mañá, antes de que os fermentos desaparezan coa calor e o vento, e nunca despois de chover. Separar as floreciñas dos talos, xa que só nos interesa a flor branca do sabugueiro. Preparar un almibre disolvendo o azucre nunha parte da auga (aproximadamente 1 litro), quentando lixeiramente a mestura ata que o azucre se disolva por completo. Deixar arrefriar antes de continuar coa receita.
ELABORACIÓN
2/
Colocar o almibre arrefriado, o resto da auga, o zume de limón e as flores nunha garrafa. Axitar ben para que as flores se impregnen e deixar repousar durante 5 días ao sol. Pasado este tempo, filtrar a verter a mestura en botellas con peche hermético, que se poderán conservar durante bastante tempo. É importante que as botellas queden ben pechadas, xa que a maceración producirá gas carbónico, do mesmo xeito que ocorre co cava, e non queremos que as botellas se abran nin que se perdan estas sutís burbullas.