XEADO DE CEREIXAS
1.100 g de xeado | 30 minutos | dificultade baixa
XEADO DE CEREIXAS
1.100 g de xeado | 30 minutos | dificultade baixa
INGREDIENTES
1.100 g
de cereixas frescas sen carabuña
110 g
de azucre
325 ml
de leite enteiro
175 g
de nata para montar
4
xemas de ovo (ou 2 g de goma de alfarroba*)
Se prefires non usar xemas, podes substituílas por 2 g de goma de alfarroba, un espesante natural extraído da alfarrobeira. Engádeo xunto cos ingredientes secos e sigue o mesmo proceso de cocción, omitindo os pasos con xemas.
ELABORACIÓN
1/

Prepara un baño maría invertido (un cunco grande con auga e moito xeo).
2/

Coloca as cereixas sen carabuña nun cazo xunto con 50 g de azucre. Cociña a lume medio durante 10 minutos, removendo de cando en vez. Retira do lume e deixa arrefriar completamente.
3/

Para a base do xeado, quenta o leite coa nata nun cazo ata que comece a ferver suavemente.
ELABORACIÓN
4/

Mentres tanto, bate as xemas cos 60 g restantes de azucre nun cunco ata integralos ben.
5/

Verte aos poucos a mestura quente de leite e nata sobre as xemas, sen deixar de remover.
6/

Volve verter toda a mestura no cazo e cociña a lume medio, removendo sen parar, ata que acade os 82 °C. Se non tes termómetro, retíraa cando comece a desprender vapor, estea lixeiramente máis densa e, ao pasar o dedo polo dorso dunha culler, quede unha liña clara.
7/

Retira do lume e arrefría rapidamente mergullando o cazo no baño maría invertido.
ELABORACIÓN
8/

Unha vez fría, pasa a mestura a un recipiente con tapa e refrixera polo menos 6 horas ou toda a noite.
9/

Ao día seguinte, mestura a base do xeado coas cereixas cocidas e arrefriadas. Tritura ata obter unha mestura suave, como de smoothie.
10/

Procésao na túa máquina de xeado ata que acade unha textura densa e cremosa.
11/

Garda o xeado nun recipiente con tapa e conxela polo menos 4 horas antes de servir.

SHOP THIS STORY

Xeado de cereixas

Zara Home