MACARON DE TOMIÑO E ROMEIRO
20 unidades | 3 horas de repouso | dificultade alta
MACARON DE TOMIÑO E ROMEIRO
20 unidades | 3 horas de repouso | dificultade alta
INGREDIENTES
Masa
500 g
de azucre glas
500 g
de fariña de améndoa
170 g
de claras de ovo (5 claras medianas)
Almibre
500 g
de azucre
220 g
de auga
Merengue
175 g
de claras de ovo (5 claras medianas)
Ganache
300 g
de chocolate branco
150 g
de nata
40 g
de romeu e tomiño frescos (ou outra planta aromática)
Decoración
Flores de romeu ou outras flores comestibles
ELABORACIÓN
1/
Masa base Mesturar o azucre glas coa fariña de améndoas. Peneirar para evitar grumos. Engadir os 170 g de claras de ovo e mesturar con espátula ou pa na amasadora ata obter unha pasta homoxénea.
Preparar o almibre Quentar o azucre coa auga nun cazo ata alcanzar os 118 ºC.
ELABORACIÓN
2/
Merengue Mentres se cociña o almibre, empezar a montar os 175 g de claras de ovo no batedor a velocidade media-alta. Cando o almibre alcance 118 ºC, incorporar en forma de fío fino sobre as claras montadas sen deixar de bater. Seguir batendo ata que o merengue estea morno e firme. Debe formar picos consistentes.
Mesturado e formación do macaron Mesturar a masa base co merengue suavemente con espátula ata obter unha textura fluída pero non líquida. Dispoñer nunha manga pasteleira con boquilla lisa.

Verter sobre un papel vexetal ou tapete de silicona, formando círculos uniformes. Golpear lixeiramente a bandexa para eliminar as burbullas e, co dedo mollado en auga, aplanar os macarons se algún non quedou liso.

Deixar secar a temperatura ambiente uns 20-30 minutos ata que, ao tocar a superficie, non se pegue ao dedo (formación da costra). Cocer no forno prequentado a 155 ºC durante 8-10 minutos. Deixar arrefriar e reservar.
ELABORACIÓN
3/
Ganache de romeiro Quentar a nata co romeu sen chegar á ebulición. Retirar do lume, tapar e deixar infusionar 10-15 minutos. Colar e volver quentar lixeiramente.

Verter a nata quente sobre o chocolate branco cortado. Emulsionar ben coa espátula ata obter unha textura lisa e brillante. Tapar con filme e deixar repousar na neveira ata que teña consistencia de recheo (idealmente unhas 2 horas).
Acabado e presentación Encher os macarons coa ganache de romeu usando unha manga pasteleira.
Unir con outra tapa. Decorar con flores de romeu e tomiño nos laterais.

SHOP THIS STORY

Macaron de tomiño e romeiro

Zara Home