Colocar o almibre arrefriado, o resto da auga, o zume de limón e as flores nunha garrafa. Axitar ben para que as flores se impregnen e deixar repousar durante 5 días ao sol. Pasado este tempo, filtrar a verter a mestura en botellas con peche hermético, que se poderán conservar durante bastante tempo.
É importante que as botellas queden ben pechadas, xa que a maceración producirá gas carbónico, do mesmo xeito que ocorre co cava, e non queremos que as botellas se abran nin que se perdan estas sutís burbullas.